RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: ''temos un equipo moi compensado''

  Laure compareció esta tarde en rolda de prensa antes de arrincar a primeira sesión de adestramentos nunha semana xa de Liga. O capitán branquiazul admite que o deportivismo "está moi ilusionado. Os resultado

Opina Laure que "temos un equipo moi compensado. Hai competencia en todas as liñas. Iso é boísimo para o equipo, para o Deportivo e para todos porque nos fará crecer a todos".
 
Nesta liña, ve un Deportivo "ilusionante. Un equipo que pode dar moito, que ten moita marxe de mellora. Estamos todos desexando empezar a competir".
 
A xuízo do lateral deportivista, a idea do equipo no inicio de Liga este venres 19 de agosto ás 22.00 horas en Riazor (Bein Sport) é "clara. Ir a por o rival, ir gañar os partidos. Con moita confianza e con ilusión de empezar xa".
 
Sobre o primeiro rival, o Eibar, cre Laure que "polos anos que leva en Primeira os seus datos están aí. Empezan ben a tempada. Saben que empezando ben gañan ese plus de confianza. Temos que estar preparados para competir".