RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lendoiro: Estamos cun proxecto apaixonante, de crear un equipo a base de novos talentos

Escoitar entrevista de "Plusmarca" Augusto César Lendoiro foi un dos protagonistas do programa "Plusmarca" en Radio Marca desta noite que dirixe o popular xornalista Agustín Castellote. Afirmou o Presidente deportivista que o actual proxecto do

En canto a Joaquín Caparrós, lembrou unha vez máis que ten un ano de contrato co Deportivo e respecto ao futuro, Lendoiro vese no Club: "Eu non vou abandonar o barco porque entre outras cousas gústame moitísimo. Por iso fun Presidente dun Club de fútbol desde o quince anos".

Preguntado sobre Arizmendi, Lendoiro manifestou que o Deportivo "vai tentar que quede connosco polo menos un ano máis". Por fin, confesou a boa relación que existe entre o Dépor e o Real Madrid, "desde hai moitos anos con todos os Presidentes sempre mantivemos relacións cordiais, como con Lorenzo Sanz, Fernando Martín, que agora dirixe a Fadesa, o noso principal patrocinador, Florentino Pérez e o mesmo Ramón Calderón, co que coincidimos desde hai moitos anos". E por fin, vaticinou que o Deportivo, con tempo, "volverá ser un equipo querido e admirado".