RCD / NOVAS

Lopo retírase do adestramento con molestias no aductor medio da coxa esquerda

- Foto: Susi García - Alberto Lopo viuse obrigado a parar de adestrar esta mañana, a consecuencia dunhas molestias no aductor medio da coxa esquerda. Será sometido a probas médicas complementarias mañana venres, á primeira hora da mañana.

22/05/2014 14:23

Luisinho e Marchena, que onte se exercitaron a menor ritmo, si completaron con normalidade o adestramento desta mañá en Abegondo; de novo co balón como protagonista.

Fernando Vázquez dispuxo de varios partidillos. Probou diferentes sistemas e futbolistas, coa mente xa posta no encontro do próximo domingo (20.00 horas, Canle Plus 1) nos Pajaritos ante o Numancia. A sesión finalizou cunha quenda de estiramentos nun dos campos de fut-voley.

Mañá venres, o equipo terá sesión de recuperación en Zona Fit, o ximnasio do Club sito nos baixos do Estadio de Riazor. Será a partir das 10.30 horas. Antes, ás 10.00, Fernando Vázquez comparecerá en rolda de prensa.

Máis novas de: LOPO

RCD / Noticias Relacionadas