RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Coloccini case seguro que se vai a quedar no Deportivo

Miguel Ángel Lotina reforzó esta mañana en rolda de prensa o seu compromiso co bo fútbol: "Este añou vexo a un Dépor bonito de ver, que vai tentar xogar ao fútbol". Iso sí, o técnico

En canto a Coloccini, Lotina mostrouse "case seguro" de que o futbolista se vai a quedar no Deportivo esta tempada. É máis, está convencido de que esta decisión será boa para o Club, "porque nos cobre moi ben a demarcación de central e para el, porque vai xogar toda a tempada, na súa posición e seguro que o ano que vén abriránselle portas máis importantes". "Seguro que a tempada que vén costa o dobre", concluíu o adestrador deportivista. Do Zaragoza non hai noticias e "teño a promesa do Presidente de que se non sae esta semana xa non vai saír, salvo que alguén pague o seu clásula", apuntou.

Polo que se refire ao resto de saídas, Lotina manifestou que xa lle comunicou a Rubén que "no caso de que teña unha oferta boa pode saír" e, sobre Jairo, lembrou o caso de Silva, "que fai tres anos xogou no Eibar e logo no Celta. E hoxe é deus no fútbol español. O futbolista ten que darse conta que moitas veces para dar dous pasos adiante hai que dar un paso atrás. E Jairo é un mozo con moi boas condicións, aínda que é malo para el que estea unha tempada xogando pouco".

Sobre o dianteiro, Lotina eloxia aos seus, como Taborda, "que nos pode achegar moito", ou Bodipo, "que con espazos o seu xogo é moi importante", ou Adrián, "que ten unhas condicións importantes". Pero si indicou que o Club está a tentar buscar un dianteiro comunitario "que mellore o que hai".