RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Este persoal seguirá en Primeira, con ou sen Lotina

Miguel Ángel Lotina coincidió esta mañana en rolda de prensa con Lendoiro e ratificó todas as palabras do Presidente respecto do primeiro persoal. É más, manifestó rotundamente que "este persoal seguir&aacute

A nivel anímico, confesou Lotina estar "ben, pero preocupado porque a situación é complicada" e asegurou non pensar no seu futuro: "Xa teño amigos como algúns de vós que están preocupados xa por se me botan ou non". Recalca que "se Lotina é cesado, mañá ou dentro dun ano, será polos resultados. En Coruña teño moitos máis defensores que detractores. E os detractores apóianse nos resultados, que están aí, non podo facer nada".
 
En canto ao partido de mañá, confirmou que mañá ante o Espanyol "vai haber moi poquitos cambios no once", coa dúbida de Adrián ou Pablo Álvarez. Ve ao equipo "fortalecido" tras o partido de Copa do Rei do pasado xoves en Pamplona "e case perdemos, a pesar de facer un bo partido".
 
Por fin, o espanyolista Lopo, tamén na sala de prensa do Mundo do Fútbol, indicou que "as críticas nos van a facer máis fortes". Lembrou que nunha das súas tempadas no Espanyol, "estivemos a 10 puntos da salvación e ao final o traballo sacounos de aí". Advirte ademais o central deportivista que o equipo "está con moitas ganas de gañar xa un partido e que se nos vexa recompensado dunha vez todo o traballo desde a pretemporada".