RCD / NOVAS

Lucas advirte que ''a Valencia virá seguro a gañar. Éso está claro''

Lucas, que xa entró na convocatoria para o último partido ligueiro disputado en Sevilla fai case quince días, agarda "con ilusión" poder debutar en Liga este domingo en Riazor (17.00 horas). Advirte que a Valencia "vendrá seguro a gañar. Iso está claro".

15/10/2014 21:20

O dianteiro coruñés confesa que lle motiva precisamente enfrontarse aos mellores conxuntos da liga, Real Madrid, Barcelona... e inclúe ao equipo valencianista entre os grandes.

Di estar "moi contento principalmente pola recuperación. Despois de recaer dous ou tres veces é un alivio poder estar co grupo e a disposición do míster".

Sobre o seu estado físico, cre que aínda está ao "40 ou 50 por cento". "Necesito coller físico. Levo aínda pouco tempo co grupo, son dúas semanas", apunta.

Desvela que os xogadores, tras o partido en Sevilla, quedaron "moi afectados. Non xogamos ben, a actitude non foi a adecuada. Pero é un partido que se dá así ás veces. O equipo está con ilusión o domingo de cambiar todo éso".

Lucas subliña que "xa desde o primeiro día que houbo a posibilidade de vir ao Deportivo, tanto a miña familia, os meus amigos e a cidade transmitíronme agarimo e éso é de agradecer, o recoñecemento da túa cidade".

Máis novas de: LUCAS PÉREZ