Luís Alberto: Non fixemos nada. Ningún equipo está salvado con 5 puntos
Luís Alberto compareció en rolda de prensa esta mañana en Abegondo. O atacante andaluz, autor do segundo gol en Vallecas, aseguró que "estamos contentos. Sabíamos que era un partido da nosa liga e que había que tentar sumar después de dous resultados bos. Creo que se nos deu ben o partido, saímos moi concentrados do que teníamos que facer e ao final o más importante son o tres puntos".
canaldeportivo, A Coruña17/09/2015 20:41
Confesa a nivel individual que "volvín gozar xogando e quédome coa vitoria. Agora mesmo hai que mirar polo conxunto".
Do Sporting de Xixón, rival do Dépor este domingo 20 de setembro en Riazor (16.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol), advirte que é un equipo "moi traballado. Van todos a un tempo. Seguramente haberá menos espazos que o día do Raio. Cada partido hai que traballalo dunha maneira diferente, e niso estamos".
A pesar do bo arranque de tempada, Luís Alberto lembra que "isto acaba de empezar. O equipo vai todo a unha. En casa hai que seguir co mesmo nivel ou incrementalo".
Neste sentido, apunta que "está claro que non fixemos nada. Ningún equipo está salvado con 5 puntos. Temos boa dinámica pero os pés no chan, que isto acaba de empezar. Son 38 partidos e isto é moi longo".
Luís Alberto foi sometido esta tarde a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a retirarse do partido do pasado domingo no estadio Sánchez Pizjuán. O atacante deportivista sofre unha lesión muscular de grao 1 no aductor longo da coxa esquerda.
Víctor Sánchez do Amo manifestó en rolda de prensa, respecto da eliminatoria que disputó o Sevilla o pasado xoves ante o Athletic Club, con prórroga e penaltis, que "esperamos para os nosos intereses que ese cansazo lle poida facer madeixa. O que pasa é que o Sevilla ten un plantillón. Entendemos que os xogadores que después dese esforzo non estén en condicións de xogar o seguinte partido dunha maneira tan pronta como é o noso van ter recambios de muchísimo nivel".