RCD / NOVAS

Luis César, novo adestrador do Real Club Deportivo

07/10/2019 20:38

Luis Ángel César Sampedro (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 3 de maio de 1966) converteuse hoxe en novo adestrador do Real Club Deportivo.

O técnico pontevedrés iniciou a súa carreira de adestrador no Racing de Ferrol, pouco despois de colgar as luvas no conxunto departamental, dirixindo ao equipo ferrolán durante catro temporadas (176 partidos).

Após o do Racing ocupou os bancos do Nàstic de Tarragona (en dúas etapas, superando o centenar de partidos, do mesmo xeito que no Albacete), Polideportivo Ejido, Alcoyano, Albacete, CD Lugo e Real Valladolid. A pasada temporada dirixiu ao CD Tenerife os 4 últimos partidos de Liga, conseguindo a permanencia dos insulares en LaLiga SmartBank.

Máis novas de: LUIS CÉSAR