RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Marchena exercítase con normalidade no regreso do primeiro equipo aos adestramentos

Tras o día de descanso de onte luns, o primeiro equipo volvió esta tarde aos adestramentos en Abegondo, con moito fríou, vento e choiva.

Carlos Marchena, que foi baixa en Zaragoza por mor dunhas molestias no nocello dereito, exercitouse con total normalidade durante toda a sesión.

Lux rebaixou a intensidade do seu adestramento debido a unha contusión no ombreiro sufrida na Romareda, por unha agresión do zaragocista César Arzo que mereceu vermella directa e que o colexiado do encontro non viu.

O único futbolista de baixa médica, Toché, estivo cos fisioterapeutas.

Mañá mércores, Fernando Vázquez modificou o plan de adestramentos previsto para esta semana. A sesión será de novo pola tarde, ás 17.30 horas, en Abegondo.