RCD / NOVAS

Mario Soriano será xogador do Dépor dúas temporadas máis

19/07/2022 22:00

Mario Soriano Carreño (Alcalá de Henares, Madrid, 22 de abril de 2002), o RC Deportivo e o Atlético de Madrid chegaron a un acordo para que o futbolista madrileño sexa propiedade do Dépor as dúas próximas temporadas, con opcións futuras.

A pasada campaña acumulou, cedido no Deportivo, máis da metade dos seus partidos no fútbol de elite con 33 partidos, 5 goles e 3 asistencias, con case 2.000 minutos de xogo. A temporada anterior sumara 23 partidos e un gol co Atlético de Madrid no Grupo V de Segunda División B, ademais de chegar a debutar co primeiro equipo na eliminatoria de Copa do Rei contra o Cornellá, ademais de sumar 6 partidos na UEFA Youth League.

Mario incorporarase xa á sesión de adestramento do equipo prevista para mañá ás 10:30 h. en Abegondo.

Máis novas de: MARIO SORIANO