RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Miguel Llorente non será o adestrador do Dépor ABANCA a próxima temporada

Unha vez concluída onte á noite a temporada do Dépor ABANCA, co partido de playout fronte á Real Unión de Tenerife (3-1) no que se certificou a permanencia do equipo a próxima campaña na segunda división do fútbol nacional, o Consello de Administración do RC Deportivo comunicou esta mañá ao técnico branquiazul, Miguel Llorente, que non renovará a súa vinculación coa entidade para a próxima sesión.

O RC Deportivo quere agradecer a Miguel Llorente o seu traballo á fronte do Dépor ABANCA desde o pasado verán, desexándolle os maiores éxitos futuros a nivel profesional e persoal.