Molina: Se seguimos nesta liña, encaixando poucos goles, estaremos aí arriba ao final
José Francisco Molina, xa un dos porteiros menos goleados da
categoría, con tres tantos encaixados en catro partidos, compareceu esta mañá
na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'.
-Que impresións saca do partido de onte?
-Pois boas. Púidose gañar, pero tamén puidemos perder.
Foi creo que un resultado xusto.
canaldeportivo, A Coruña22/09/2005 20:24
-Como ve vostede o malgaste físico que fan os seus futbolistas? -Pois é moi interesante ver aos teus compañeiros correr moito durante os
partidos. Neste sentido estamos a traballar moi ben.
-É positivo que aínda non se coñece a derrota? -Si. A verdade é que estamos moi contentos por iso. Creo que
mantemos unha boa liña.
-E de momento entre os menos goleados da categoría. -Esa é a liña que debemos manter. Estou convencido de que se
encaixamos poucos goles estaremos aí arriba ao final.
-Que lle parece que o equipo gañase un plus de agresividade? -Pois me parece ben, sempre dentro da legalidade.
-E agora, a Zaragoza? -Si. Vai ser un partido difícil. Son un bo equipo, sobre todo en casa.
Marcan moitos goles, creo que onte fixeron tres.
-Cre que os árbitros deben de protexer máis a xogadores como Valerón? -Deben tratar a todos por igual. Un árbitro o que ten que facer é
cumprir estritamente co regulamento.
-Os de onte do Betis fóronse uns pouco descontentos coa arbitraxe. -Eu normalmente dos árbitros non me gusta opinar.
O Deportivo adestrouse esta mañá en 'O Mundo do Fútbol'. Mañá
sábado ás 10:30 en Abegondo, o persoal realizará a última sesión de traballo
antes da visita do Vilarreal, este domingo ao cinco da tarde
en Riazor. Na sesión de hoxe Munúa e Taborda adestraron practicamente ao mesmo nivel
que o resto do grupo. Só faltou Iván Carril, que cun proceso vírico,
quedou no seu domicilio.
O Diario Marca publicou o pasado martes unha estatística segundo a cal o
porteiro internacional do Deportivo, José Francisco Molina, é o quinto porteiro
máis efectivo da liga, cun 75% de acerto respecto dos chuts a portaría.
O líder deste peculiar ranking é o colchoneiro Leo Franco, cun 80% de acerto..
José Molina, un dos protagonistas do partido ante o Atlético de Madrid en Riazor,
someteuse ás preguntas dos medios de comunicación:-Ata o momento cero goles en dous partidos -só o Barcelona iguala co
Dépor en tantos encaixados, ningún-, e Caparrós di que o ve gañando o
Trofeo Zamora.-Non entro neste tipo de cousas cando queda tanto por xogar.