RCD / NOVAS

Movementos no Fabril antes de arrincar a pretemporada

11/07/2019 19:20

O Fabril, que regresa aos adestramentos ás ordes de Luisito o vindeiro luns ás 10:30 horas, xa configurou boa parte do equipo para afrontar a próxima temporada no Grupo I da Terceira División.

Os movementos de despacho que se produciron e que afectan á relación contractual de xogadores co Real Club Deportivo para encarar a nova campaña no filial son os seguintes:

Fichaxes:
- Viorel Boian (Barakaldo), Porteiro
- Martí Vila (Reus B), Lateral esquerdo
- Tomás Bourdal (Móstoles), Central
- David Sánchez (Leganés), Medio centro
- Aarón (Silva), Extremo e media punta
- Javi Sánchez (Rápido de Bouzas), Extremo
- Jawed (C.F Alicante), Media punta
- Mario Losada (Alcorcón B), Dianteiro

Renovacións:
- Álex Cobo
- Íñigo Reinoso

Regresan após xogar no Laracha na Temporada 2018-2019:
- Víctor Eimil
- Parga
- Kanouté (con ampliación de contrato)
- Iago Novo
- Manu Mosquera (con ampliación de contrato)
- Boedo
- Adri Castro

Regresan após cesión na Temporada 2018-2019:
- Villares, Racing Villalbés
- Joel, Racing de Ferrol
- Pedro, Sporting Braga B

O filial branquiazul ten ademais confirmadas as primeiras citas da pretemporada.

A primeira delas será o mércores 24 de xullo en Abegondo ante o primeiro equipo deportivista; do mesmo xeito que sucedeu o verán pasado.

A segunda cita será o sábado 27 de xullo cun torneo baixo a modalidade de 'tres nun' no campo de O Buelo en Moraña co Pontevedra CF e RC Celta B como rivais.