RCD / NOVAS

Mujaid Sadick, xogador Estrella Galicia do Dépor en xaneiro

17/02/2021 12:23

O central rioxano do Real Club Deportivo, Mujaid Sadick, recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro. O defensa branquiazul acumulou o 52,2% dos 3.805 votos cos que se pechou a valoración, por diante de Keko Gontán (32,7%) e Carlos Abad (15,1%), avaliados nos partidos contra Alavés (Copa), Zamora, Salamanca, Compostela e Unionistas.

Con este recoñecemento, Mujaid móstrase, para xornalistas e afeccionados Deportivistas, como o xogador máis regular no que vai de temporada porque antes de recibir este premio conseguira ser un do tres finalistas nos galardóns de todos os meses anteriores, que finalmente se acabaron levando Keko, Uche e Diego Rolan.

A pasada temporada Mujaid xa gañara os premios de xogador do mes en novembro de 2019 e febreiro de 2020, polo que co de hoxe acumula o seu terceiro premio Estrella Galicia como xogador do mes.

Máis novas de: MUJAID