RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Munitis restou importancia á derrota de onte

Pedro Munitis compareceu hoxe na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O futbolista cántabro restou importancia á derrota de onte ante o Tokyo: "Estamos a traballar ben aínda que ben é certo que o partido de onte non nos saíu todo o ben que queriamos.

Munitis cre que "coa previa está a sacarse un pouco as cousas de couzón" e mostrou a súa confianza en que o equipo responda "cando verdadeiramente se xoguen as cousas importantes". Tamén o veloz futbolista do Dépor opinou que "aínda que non cheguen reforzos, temos persoal suficiente para facer unha tempada tan boa como a pasada".