RCD / NOVAS

Natxo González deixa de ser adestrador do Real Club Deportivo

07/04/2019 16:50

O Consello de Administración e a dirección deportiva do Real Club Deportivo tomaron a decisión de que Natxo González deixe de ser adestrador do primeiro equipo do Club, labor que viña desenvolvendo desde o principio desta temporada.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Natxo a súa profesionalidade, traballo, dedicación e actitude exemplar nesta etapa á fronte do equipo, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.

Máis novas de: NATXO GONZÁLEZ