RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Naybet renovado ata o 2005

O deportivista Nourredine Naybet continuará ligado á disciplina branquiazul ata o 2005 tras a firma da súa renovación que tivo lugar esta tarde na sede do Club herculino.

Augusto César Lendoiro valorou positivamente a renovación dos xogadores do persoal actual para garantir o nivel do persoal nos próximos anos. Neste sentido o presidente agradeceu ao marroquí as facilidades prestadas para a negociación e a súa confianza no futuro do equipo, renovando polo Deportivo en detrimento de equipos considerados tradicionalmente da elite do fútbol europeo.

Naybet mostrouse moi contento pola renovación e asegurou que está máis concentrado que nunca no Deportivo, "cando entro no campo dou todo de corazón polo equipo".

Tambíen comentou o xogador deportivista que, despois de falar co seleccionador marroquí, estará dispoñible para o adestrador de face ao partido de Champions da próxima semana contra o Galataray, incorporándose o mércores á concentración da súa selección para un partido de clasificación para o Mundial do 2002