RCD / NOVAS

O Atlético distinguirá a Irureta e Melo

O Atlético de Madrid distinguirá a Paco Melo e a Javier Irureta no ano do seu Centenario. Javier Irureta foi elixido entre os 30 xogadores máis ilustres na historia do Atlético de Madrid.

27/02/2003 21:47

Pola súa banda, Paco Melo é un dos homes que máis partidos oficiais disputou coa elástica branquivermella, cun total de 241.

Máis novas de: IRURETA

RCD / Noticias Relacionadas

17/06/2003 13:24 |

Irureta: Temos que estar orgullosos do que fixo este equipo

Javier Irureta compareceu ante os medios de comunicación tras a sesión de traballo matinal en Riazor. O técnico falou da súa renovación e fixo balance da tempada: "somos o equipo máis regular dos últimos anos. Estou orgulloso do equipo e deste persoal" e insistiu "este equipo vai facer Bota de Ouro e pichichi a Makaay" pero recoñeceu "teño a sensación de que se lle dá pouco valor ao terceiro posto. Quizais porque levantamos máis expectativas... noutros lugares a cuarta praza celébrase como un éxito e aquí parecemos avergoñados da terceira. Temos que estar orgullosos."