RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín B pon fin ao grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas cunha vitoria

O Benxamín B puxo fin á súa participación no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas cun triunfo (0-13) ante o SCD San Cristóbal B.

Yael -5-, Nico -2-, Thiago -2-, Mateo -2-, Íker e Mario foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Benxamín B acaba o grupo segundo na táboa con 6 puntos, só superado polo CD Calasanz A (9 puntos). Por detrás dos branquiazuis finalizaron a Santa María del Mar C (3 puntos) e o SCD San Cristóbal B (0 puntos).

Benxamín B: Brais, Nico, Antón, Sergio, Íker, Yael, Mateo e Mario. Tamén xogaron: Hugo, Thiago e Alejandro.

Nos próximos días, o Benxamín B coñecerá o seu calendario para a segunda parte desta temporada.

Os resultados do Benxamín B no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas foron os seguintes:

Santa María del Mar C 0 - Benxamín B 16 (Thiago -5-, Mateo -4-, Hugo -2-, Íker -2-, Mario, Yael e Nico -2-)
Benxamín B 1 (Thiago) - CD Calasanz A 2
SCD San Cristóbal B 0 - Benxamín B 13 (Yael -5-, Nico -2-, Thiago -2-, Mateo -2-, Íker e Mario)