RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A saíu ileso da complicada visita ao Victoria CF

O Cadete A saíu ileso dun dos partidos máis complicados no que vai de temporada, a visita ao Victoria CF (2-4), en partido correspondente á 11ª xornada na División de Honra.

Os blanquinegros, a pesar de ir sempre a remolque no marcador, nunca tiraron a toalla e apertaron até o final aos líderes da categoría, os futbolistas branquiazuis.

Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque foron os goleadores do Cadete A neste derbi coruñés.

Con este resultado, o equipo branquiazul é líder con 33 puntos, por 30 puntos do RC Celta, segundo na táboa.

Cadete A: Lemos, Quique Teijo, Nico, Seydiba, Canales, Roque, Mella, Martín Ochoa, Rubén, Carlos e Diego Gómez. Tamén xogaron: Hugo Baldomar, Embid, Iván e Pablo Trigo.

A próxima fin de semana, o Cadete A recibe en Abegondo ao ED Val Miñor Nigrán.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1
Pabellón Ourense CF 1 - Cadete A 3 (Quique Teijo, Diego Gómez e Hugo Baldomar)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2 e Martín Ochoa) - Bergantiños CF 0
Victoria CF 2 - Cadete A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)