RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B arrebata ao Atlético Coruña Montañeros o liderado da liga Galega

O Cadete B superou na Coruña ao Atlético Coruña Montañeros CF (1-2), en partido correspondente á 6ª xornada no grupo norte da liga Galega, resultado que permite aos deportivistas alcanzar o liderado do grupo con 16 puntos, en detrimento precisamente do Atlético Coruña Montañeros CF, segundo agora con 15 puntos.

Iván foi o autor dos dous goles branquiazuis no campo da Leyma, nun choque de poder a poder entre dous equipos chamados a estar a pelexar polo título.

Cadete B: Manu, Alexis, Monteagudo, Carlos, Raúl, Carlos Iglesias, Raúl, Seydiba, Marco Baña, Lombao, Mella, Iván e Matos. Tamén xogaron: Zoe, Fer, Marcote, Sierra e Mardones.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Racing de Ferrol B.

Os resultados do Cadete B son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)