RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B asenta a súa primeira praza da Liga Galega á conta do Bergantiños CF B

O Cadete B asenta a súa posición de líder do grupo norte da Liga Galega á conta do Bergantiños CF B (5-1), en choque correspondente á 9ª xornada.

Con este marcador, o conxunto deportivista suma 25 puntos de 27 posibles, nun gran arranque de competición. Os seus rivais, especialmente a SD Compostela, vese na obrigación de non fallar para seguir o ronsel branquiazul.

Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván foron os autores dos goles ante o conxunto carballés.

Cadete B: Unai, Alexis, Xosé, Sierra, Monteagudo, Marcote, Lombao, Domínguez, Iván, Mato e Fer. Tamén xogaron: Hugo Matos, Marco Baña e Mardones.

O SCD Milagrosa, o sábado 9 de novembro (pendente de confirmación), será o seguinte rival do Cadete B.

Os resultados do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1