RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Comité de Competición deixa sen efecto a vermella a Ze Castro

var ivPlayer370302 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer370302.playVideo('player370302', 'vermella_ze_castro_sabadell-deportivo-2

 

Expediente nº 383 – 2011/2012
Reunido o Comité de Competición da RFEF para resolver as incidencias acaecidas con ocasión da celebración do partido correspondente ao Campionato Nacional de Liga de Segunda División, disputado o día 25 dos correntes entre os clubs C.E. Sabadell F.C. SAD e R.C. Deportivo da Coruña SAD, adopta a seguinte RESOLUCIÓN

ANTECEDENTES
Primeiro.- A acta arbitral, no apartado de xogadores, baixo o epígrafe de expulsións, literalmente transcrito, di: "R.C. Deportivo da Coruña, SAD: No minuto 89 o xogador (5) José Eduardo Rosa Vale Castro foi expulsado polo seguinte motivo: xogar o balón co brazo impedindo unha manifesta ocasión de gol".

Segundo.- En tempo e forma o Real Club Deportivo da Coruña, SAD formula escrito de alegacións,achegando proba videográfica.

FUNDAMENTOS JURIDICOS
Unico.- A solicitude formulada pola representación do R.C. Deportivo da Coruña, SAD, debe ser acollida por este órgano disciplinario, por canto do exame das imaxes que se achegan acompañando o seu escrito de alegacións, despréndese claramente que de ningún xeito o futbolista pretende xogar o balón co brazo, senón que este golpéalle no brazo cando está completamente de costas á traxectoria do mesmo, circunstancia suficiente aos efectos pretendidos, pero de ningún xeito pode entrar a substituír o criterio arbitral no que se refire ao que é unha manifesta ocasión de gol, que segundo reiterada doutrina emanada dos distintos órganos disciplinarios é unha cuestión que queda dentro do ámbito de interpretación do colexiado.

En virtude de canto antecede, o Comité de Competición, ACORDA:
Deixar sen efectos disciplinarios o cartón vermello mostrada ao xogador do R.C. Deportivo da Coruña, SAD, D. JOSÉ EDUARDO ROSA VALE CASTRO.
Contra a presente resolución cabe interpor recurso ante o Comité de Apelación no prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte ao que se reciba a notificación.

Las Rozas (Madrid), a 29 de febreiro de 2012.
O Presidente,