RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B acaba a temporada en Xixón cun sorriso

O Dépor ABANCA B puxo punto e final á temporada cun triunfo (0-2) sobre o Gijón FF, con motivo da 6ª e última xornada na segunda fase da Primeira Nacional, grupo 1C.

Andrea Ansede e Tati foron as goleadoras branquiazuis neste encontro, que rexistrou ademais o debut da porteira Reigosa, de categoría cadete e procedente do Orzán.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Sara Álvarez, Paula Novo, María Figueroa, Uxía Cabada, Nuria Torres, Marta Rico, Andrea Ansede, Tati, Carlota e Aroa Guerra. Tamén xogaron: Eva Santamaría, Laura Testa, Navia, Lucía e María Calvo.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B acaba en cuarta posición do grupo con 38 puntos (arrástranse os da primeira fase), con dous partidos gañados, dous empatados e dous perdidos nesta segunda parte da temporada. As branquiazuis anotaron 13 goles e encaixaron 12.

Así pois, o filial deportivista cumpriu o seu obxectivo clasificatorio de pelexar polo ascenso cos mellores da categoría e, á vez, fornecer de futbolistas ao primeiro equipo de Primera Iberdrola, caso de Eva Dios, María Figueroa, Tati, Sara Álvarez... Ademais de Carlota ou Patri López, en dinámica do primeiro equipo desde principio de temporada.

O equipo de Kevin Cabado levou ademais unha nova alegría coa citación de Paula Novo para uns adestramentos coa selección española sub-17 desde mañá luns 31 de maio ao xoves 3 de xuño.

Os resultados do Deportivo ABANCA B nesta segunda fase foron os seguintes:

Deportivo ABANCA B 5 (Patri López -3-, Carlota e Eva Santamaría) - Oviedo Moderno CF B
CDE Racing Féminas 5 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Santamaría e Navia)
Deportivo ABANCA B 2 (Sara Álvarez e Aroa Guerra) - Gijón FF 2
Oviedo Moderno CF B 3 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Aroa Guerra e Laura Testa) - CDE Racing Féminas 2
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Andrea Ansede e Tati)