RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B cae en Avilés pero mantense á fronte da táboa en Primeira Nacional

O Deportivo ABANCA B caeu derrotado (2-1) na súa visita ao Real Avilés CF en partido correspondente á 21ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

O filial feminino contaba con moitas ausencias ben por lesión, caso de Noela, Paula Novo, Andrea Ansede, Reigosa e Lucía Couto; ben por citación do primeiro equipo, como Paula Monteagudo.

Ademais, a porteira asturiana detivo un penalti a Lucía Rivas con 1-0 no marcador que ben puido cambiar o rumbo do partido. Laura Otero foi a autora do único tanto do Deportivo ABANCA B en Avilés.

A pesar desta derrota, o equipo que dirixe Kevin Cabado mantén o liderado posto que o seu inmediato perseguidor na clasificación, o Sporting de Gijón, perdeu en Mareo co Lóstrego CF (0-1): as branquiazuis suman 53 puntos por 51 as xixonesas.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, María Calvo, Elena Vázquez, Abril Pazos, Marta Rico, Carmen Carballada, Laura Otero, Tati, Laura Testa e Lucía Rivas. Tamén xogaron: Laura Santos, Celia, Elena López 'Cusi' e Uxía López.

O vestiario branquiazul si celebra que Elena Vázquez, titular hoxe, foi convocada pola selección española sub-17 para disputar a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa. Esta fase xogarase en Serbia do 12 ao 18 de marzo.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

Elena incorporarase á concentración do equipo nacional na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) este luns 6 de marzo para, o venres 10, viaxar á localidade serbia de Stara Pazova.

A próxima semana o Dépor ABANCA B debería medirse ao CD Tropezón, retirado da liga, polo que daráselle o partido por ganado por 7-0.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0
CD Parquesol B 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Elena Vázquez -2-, Marta Calvo -2-, Paula Monteagudo, Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD Romanón 0
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Abril Pazos, Marta Rico e Laura Otero) - Victoria FC 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Tati e Marta Rico) - Victoria CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (unha futbolista rival en propia meta) - Real Oviedo B 0
Sporting de Gijón 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero -2- e Laura Santos) - Gijón FF 1
Real Avilés CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)