RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B vence en Mos e mantense á espreita do liderado de Primeira Nacional

O Dépor ABANCA B sobrepúxose ás moitas baixas e impúxose ao UD Mos (0-2) en partido correspondente á 24ª xornada en Primeira Nacional.

Perdéronse o partido por lesión Paula Novo, Andrea Ansede, Reigosa e Abril Pazos; ademais de Paula Monteagudo, citada co primeiro equipo onte en Córdoba.

Carmen Carballada e a xogadora cadete Sara Cercido, que anotou o seu primeiro tanto na categoría, foron as goleadoras nas Baloutas.

Con este resultado, as branquiazuis suman 59 puntos e mantéñense a 1 punto do Sporting de Gijón, líder con 60 puntos.

O equipo de Kevin Cabado ademais dos 3 puntos celebra a convocatoria de Lucía Rivas para uns adestramentos coa selección española sub-16 que terán lugar na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) desde mañá luns 27 ao mércores 29 deste mes de marzo. Con ficha cadete do Orzán SD, esta atacante de Caldas de Reis alterna o Deportivo ABANCA B de Primeira Nacional, no que hoxe foi titular, co Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica. Lucía Rivas colle a substitución doutra deportivista, Elena Vázquez, que acaba de lograr coa selección española sub-17 o pase á Fase Final do Campionato de Europa do próximo mes de maio en Estonia.

Precisamente Elena xogou hoxe de inicio un partido no que Noela, após superar unha lesión que a mantivo lonxe dos campos desde o pasado 8 de xaneiro, volveu ao céspede, neste caso saíndo desde o banco.

Deportivo ABANCA B: Martina, Lucía Mariño, María Calvo, Elena Vázquez, Celia, Laura Testa, Carmen Carballada, Marta Rico, Tati, Lucía Rivas e Laura Otero. Tamén xogaron: Noela, Uxía Cabada e Sara Cercido.

A próxima semana, o Dépor ABANCA B mídese en Abegondo ao Lóstrego CF.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0
CD Parquesol B 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Elena Vázquez -2-, Marta Calvo -2-, Paula Monteagudo, Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD Romanón 0
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Abril Pazos, Marta Rico e Laura Otero) - Victoria FC 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Tati e Marta Rico) - Victoria CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (unha futbolista rival en propia meta) - Real Oviedo B 0
Sporting de Gijón 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero -2- e Laura Santos) - Gijón FF 1
Real Avilés CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Olímpico de León 1 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Sara Cercido)