RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA inicia mañá luns 25 a pretemporada

O Deportivo ABANCA da nova Primera Federación ponse en marcha. Mañá luns 25 de xullo, o cadro está citada ás 09:00 h. na Cidade Deportiva para recibir a benvida da adestradora Irene Ferreras e ser sometida a unha primeira avaliación física.

Ao día seguinte, martes 26, as xogadoras deportivistas pasaranse desde as 08:00 polo centro Quirónsalud de ABANCA-RIAZOR para as pertinentes probas médicas, analítica incluída, a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo. Pola tarde, ás 17:30, terá lugar o primeiro adestramento na Cidade Deportiva, a porta pechada.

As futbolistas citadas son as seguintes:

Porteiras

Yohana Gómez

Lucía Alba

Nuria Gómez (Dépor ABANCA B)

Defensas

Inés Altamira

Raquel García

Patri López

Cris Martínez

Samara Ortiz

Lorena Reina

Paula Novo (Dépor ABANCA B)

Centrocampistas

Paula Gutiérrez

Henar Muiña

Carlota Sánchez

Eva Dios

Letti Sevilla

Paula Monteagudo (Dépor ABANCA B)

Marta Rico (Dépor ABANCA B)

Atacantes

Laura Fernández

Ainhoa Marín

Aroa Guerra

Carlota Suárez

Millene Cabral

Marta Charle

Tati Barcia (Dépor ABANCA B)

Corpo técnico

Adestradora: Irene Ferreras

Segunda adestradora: Cris Oreiro

Preparador físico: Manuel Posse

Preparador de porteiras: Juan Carlos Aguiar

Médico: Álex Mejuto

Fisioterapeuta: Pablo Carrascosa

Nutricionista: Álex Santiso

Delegado: Miguel García Esmorís

Seis amigables de pretemporada confirmados

Será no mes de agosto cando o Dépor ABANCA dispute o seu primeiro encontro preparatorio, o sábado 6 fronte ao Valadares Gaia FC portugués. 

Con posterioridade medirase a SD Eibar (mércores 17), Viaxes Interrías FF (domingo 21), Real Oviedo (domingo 28) e Athletic Club B (sábado 3 de setembro). Ademais, tamén disputará o X Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR.