''O Dépor é o Club onde sempre quixen estar e onde quero estar moito tempo''
Juan Domínguez compareció esta mañana na sala de prensa de Riazor, unha vez asinado o seu contrato de renovación que o vincula tres tempadas más co Deportivo. O centrocampista branquiazul, acompañado por Fernando Vidal, Ernesto Belo e Richard Barral, se mostró "contento" por un acordo que "estaba feito desde hai moito tempo. Prácticamente o que faltaba era a firma".
canaldeportivo, A Coruña05/06/2015 22:00
O '10' deportivista confesa que "para min é unha gran alegría porque é o Club onde sempre quixen estar e onde quero estar moito tempo. Ademais, sentín moito apoio e interese por parte do Club para que eu renovase. Eles apoiáronme desde o principio. Quixeron que me queda. Eu tamén quería quedarme. Por iso tiña a confianza plena que iamos chegar a un acordo e ía seguir aquí".
Explica Juan que neste proceso de renovación, "xogaba un pouco no meu contra estar nunha situación deportiva que non contaba moito para o adestrador, como era para o adestrador anterior. A miña intención era seguir aquí, no meu Club, coa miña xente, pero ante todo o que quero é xogar a fútbol e co outro parecía que de éso ía ter pouco. E ese era o único aspecto que quizais freaba un pouco o tema. Polo resto non había ningún problema".
Aclara que non tivo nada que ver na súa renovación a circunstancia de estar en Primeira ou Segunda División: "Hai meses que dixen que o acordo estaba pechado. Hai un mes, dous meses, dixen que só faltaba a firma, e que chegaramos a un acordo".
Recoñeceu recibir "intereses doutros clubs e rexeitei esa oferta e quedeime aquí, porque para min era a mellor. O mellor era quedarme aquí no Deportivo, no meu Club, coa miña xente e na miña casa. Non valoraba ningunha (oferta) máis que esa .."
Juan Domínguez se despidió esta tarde na sala de prensa de Riazor, a poucos días de pór rumbo a Mallorca, onde xogará cedido ata xuño de 2017. "Vou coas pilas cargadas, con moita ilusión, moi contento de empezar un proxecto así", apuntó.
O Real Club Deportivo e o Real Mallorca chegaron esta tarde a un acordo para a cesión do centrocampista branquiazul Juan Domínguez para a próxima tempada.