RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O Dépor sobe ao podio do Torneo Internacional Tucho de la Torre

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín A e Benxamín A, subiron hoxe ao podio no 5º Torneo Internacional Tucho de la Torre en Marín.

O Alevín A logrou a medalla de ouro da súa categoría após impoñerse na final (1-0) ao Rayo Vallecano. Antes, os branquiazuis superaron ao Real Valladolid (2-0) en semifinais.

Pola súa banda, o Benxamín A caeu co RC Celta na quenda de penaltis da final (1-2) e, por conseguinte, foi subcampión. Os deportivistas superaron en semifinais ao Rayo Vallecano, tamén na quenda de penaltis: 2-0.

Os resultados dos partidos amigables disputados ao longo desta semana pasada foron os seguintes:

Categoría cadete
CADETE B 3 (Matos, Mardones e Domínguez) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 5

Categoría alevín
5º Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Sábado 7 de decembro
ALEVÍN A 10 (Marcos -3-, Anxo -2-, Nico Ruiz -2-, Pablo, Yago e Rubén) - EF VILLA DE MARÍN 0
ALEVÍN A 0 - REAL OVIEDO 0
RAYO VALLECANO 1 - ALEVÍN A 0
CD CHOCO 0 - ALEVÍN A 6 (Diego -2-, Guillermo, Pablo, Marcos e Borja)

Cuartos de final
ALEVÍN A 2 (Balbas -2-) - RC CELTA 1

Domingo 8 de decembro
Semifinais
ALEVÍN A 2 (Anxo -2-) - REAL VALLADOLID 0

Final
ALEVÍN A 1 (Pablo) - RAYO VALLECANO 0

Categoría benxamín
5º Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Sábado 7 de decembro
BENXAMÍN A 2 (Raúl -2-) - REAL VALLADOLID 0
BENXAMÍN A 3 (Martín Forján -2- e Pablo Vara) - CD CONXO SANTIAGO 0
REAL OVIEDO 2 - BENXAMÍN A 2 (Pablo Vara e Raúl)
RC CELTA 1 - BENXAMÍN A 1 (Pablo Vara)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 4 (Pablo Vara, Pablo Somoza, Raúl e José Quiroga) - CD LUGO 1

Domingo 8 de decembro
Semifinal
BENXAMÍN A 0 - RAYO VALLECANO 0. A penaltis: 2-0

Final
BENXAMÍN A 1 (Martín Forján) - RC CELTA 1. A penaltis: 1-2