RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor vai collendo forma de cara ao Trofeo Teresa Herrera

O Dépor vaise perfilando de cara ao sábado 13 de agosto en ABANCA-RIAZOR ás 20:30 horas, día e hora da LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv ucraíno.

Será a quinta cita da Dépor Xira Integral Motion 2022 e único partido na Coruña do verán antes de arrancar a liga en Primera Federación o 27 ou 28 de agosto.

Esta mañá, na única sesión do día, Borja Jiménez incidiu en aspectos defensivos cunha tarefa de transicións defensivas e un exercicio específico para os defensores co que concluíu a mañá.

Un partido oito contra oito e un roldo após un quecemento completaron a xornada.

Estiveron con traballo personalizado Villares, Héctor, Ibai Gómez e Raúl Carnero; ademais de Víctor Narro, que quedou na casa con gastroenterite.

Roberto Olabe entra na recta final da súa recuperación e hoxe completou toda a sesión co grupo.

Mella, Yeremay, Jairo e Dani Barcia, con Tim Caroutas nalgunha tarefa, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA; aínda que o primeiro retirouse antes aos vestiarios con molestias nunha cadeira.

Mañá xoves 11 de agosto, o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas, aínda que os futbolistas están citados na instalación ás 9:00 para almorzar.