RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O DéporCampus Cabreiroá chega por oitavo ano consecutivo a Caranza

O DéporCampus Cabreiroá de Caranza foi presentado o pasado xoves 9 de xuño no local social do Club Galicia de Caranza SCDR.

Trátase dunha das sedes máis antigas dos DéporCampus Cabreiroá, xa que será a súa oitava edición consecutiva, e tamén unha das actividades desenvolvidas pola Fundación RC Deportivo máis exitosas, xa que o ano pasado contou con máis de medio centenar de participantes.

Á presentación acudiron Kike Soto, presidente do Galicia de Caranza; José Mahía, coordinador do Galicia de Caranza, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 4 e 8 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Caranza e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 30 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.