O Deportivo ABANCA B dobrega ao Oviedo Moderno B cunha gran segunda metade
O Deportivo ABANCA B dobregou ao Oviedo Moderno CF B (2-0) grazas aos goles de Nuria Torres e Alba Suárez, ambos na segunda metade deste encontro correspondente á 5ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.
O encontro foi moi disputado na primeira parte, sen apenas ocasións nas dúas porterías. Após o descanso, o Dépor ABANCA B fíxose co mando do partido e materializou o seu bo xogo cos goles de Nuria Torres, após un saque de esquina; e Alba Suárez, a porta baleira despois dunha bonita acción individual de Patri López.
Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 12 puntos e continúa no grupo de cabeza.
Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Sofía, Laura Rivas, Patri Díaz, Patri López, Alba Suárez, Nuria Torres, Navia, Carlota e María Calvo. Tamén xogaron: Lara, Sara Piñeiro, Lucía e Bermúdez.
A próxima semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Victoria CF no campo coruñés da Grela.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1 Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro) Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0 Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López) Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0