RCD / NOVAS

O Deportivo Abanca, preparado para tentar derrotar en Arteixo ao PM Friol

18/03/2017 19:56

O Deportivo Abanca conta con toda a súa artillaría para a visita a Ponte dos Brozos (Arteixo) do PM Friol, mañá domingo 19 de marzo ás 12:00.

As xogadoras convocadas por Manu Sánchez, técnico deportivista, son: Anita, Malena, Eva, Cris, Carmela, Elvira, Estefi, Miriam, Tere Abelleira, Gabi, Nuria, Ari, Lía, María Corral, Miga e Patri.

Para este encontro, pertencente á xornada 22 no Grupo 1º de Segunda División Nacional, os socios do Deportivo teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

O Deportivo Abanca é segundo na táboa con 50 puntos, a 5 puntos de distancia do líder, Oviedo Moderno, que suma 55 puntos.