RCD / NOVAS

O Deportivo e o Genk chegan a un acordo para o traspaso de Mujaid

18/05/2021 19:00

O Real Club Deportivo, o Koninklijke Racing Club Genk e Mujaid Sadik Aliu (Logroño, 14 de marzo de 2000) chegaron a un acordo para o traspaso do central rioxano ao conxunto belga após superar na mañá de hoxe todos os preceptivos recoñecementos médicos.

A pesar de que o Real Club Deportivo realizou os maiores esforzos posibles, tanto económicos como de futuro proxecto deportivo para reter a un dos seus xogadores máis valiosos e ampliar un contrato que finaliza en 2022, as expectativas de crecemento profesional do futbolista pasan por xogar nunha categoría superior, algo que terá oportunidade de lograr na Primeira División de Bélxica.

O Dépor quere mostrar o seu orgullo polo crecemento profesional e persoal do Mujaid neste lustro na Coruña no que defendeu en 72 ocasións a camiseta do primeiro equipo branquiazul, ademais das do Fabril e o Xuvenil, desexándolle a maior das sortes no seu incipiente e prometedora carreira deportiva.

Máis novas de: MUJAID