RCD / NOVAS

O desacerto en ataque frea ao Deportivo ABANCA B en Xixón

01/11/2019 15:10

O Deportivo ABANCA B volveuse sen carga (3-1) da súa visita ao Gijón FF. As branquiazuis pagaron caro os seus erros na saída do balón desde atrás e o seu desacerto nos metros finais, xa que dispuxeron de oportunidades para, polo menos, igualar o encontro.

Sara Álvarez anotou o único tanto deportivista neste partido correspondente á 8ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B queda con 15 puntos na zona alta da táboa.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Sara Álvarez, Sofía, Laura Rivas, María Calvo, Sara Piñeiro, Nuria Torres, Patri López, Carlota, María Calvo e Navia. Tamén xogaron: Lara, Ainhoa e Lucía.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Atlético Arousana.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)