RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Fabril golea ao Compostela con Óscar en estado de graza

Óscar Pinchi foi o gran protagonista do arranque ligueiro do Fabril en Abegondo ante o Compostela (5-1).

O atacante canteirán, que fixo toda a pretemporada co primeiro equipo, anotou o cinco goles dun Fabril que apunta xa ao liderado do grupo por diferenza de goles.

O partido estivo igualado ata o descanso, ao que se chegou con empate a un tanto. Na segunda metade, o Fabril, con Óscar en estado de graza, foi moi superior.

Fabril: Anxo, Quique Fornos, Arnau, Nacho Monsalve, Lucas, Álvaro, Edu, Hugo Rama, Carreón, Borja Galán e Óscar. Tamén xogaron: Naveira, Borja Domingo e Bamba.

O Bergantiños será o próximo rival, á espera da decisión da Federación Galega de onde se disputa o partido, posto que o club carballés, con obras no seu terreo de xogos, solicitou o cambio de orde de campos.