RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril pechou a primeira volta da liga cun xusto triunfo ante o CD Barco

O Fabril concluíu a primeira volta da liga en Terceira RFEF, 15ª xornada, cun xusto triunfo (4-1) en Abegondo ante o CD Barco.

O partido púxose de cara pronto para o campión de inverno cun gol de Nájera aos 16 minutos. Iano Simao e Martín Ochoa marcaron tamén nunha primeira metade moi entretida ante un rival que si puxo a proba á zaga branquiazul.

Após o descanso, o ritmo do partido decaeu, influído quizais pola persistente choiva na Cidade Deportiva.

Ao Fabril foille suficiente con controlar o xogo para amarrar o resultado. Diego Gómez, no minuto 79, pechou o marcador ante un CD Barco que na segunda parte non creou demasiados problemas á meta fabrilista.

Con este resultado, o filial suma 32 puntos á fronte da clasificación.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Puerto, Dani Barcia, Iano Simao, Brais Val, Jairo, Iñaki, Nájera, Diego Gómez e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Barba, Davo, Jesús Ares, Marcel e Iván.

A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Óscar Gilsanz recibe en Abegondo ao UD Paiosaco H. Añón, no primeiro partido da segunda volta.

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1
UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão)
Fabril 0 - UD Somozas 1
Racing Villalbés 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Nájera, Iano Simao, Martín Ochoa e Diego Gómez) - CD Barco 1