RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA esta fin de semana, cos dous equipos cadetes en xogo xa este venres 23 de maio en Abegondo e Pontevedra

Coa temporada concluída para o Fabril, e co Xuvenil A á espera de disputar a Final Four da Copa de Campións en Ponferrada, 2 partidos adiántanse ao venres 23 de maio en ANOSACANTEIRA.

Ás 18:30 en Abegondo o Cadete mídese ao Arosa SC e a esa mesma hora no campo pontevedrés de Agüeiros o San Tirso SD Cadete enfróntase ao Salgueiriños FC.

Ademais, o sábado 24 o San Tirso SD Infantil visita ao RC Celta na Madroa (12:00); e o Alevín A, Benxamín A e Fabril FC Benxamín participan na localidade lucense de Vilalba na Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8. Os 3 equipos superaron a pasada fin de semana a Fase Intermedia nas Eiroas.

Para o domingo 25 queda só un partido. O Infantil mídese en Cotogrande, a partir das 12:30, ao UD Santa Mariña en partido da División de Honra.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría xuvenil
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, o sábado 24 de maio ás 12:00 en Santa Isabel (Santiago)
Clasificación: 1. Xuvenil B, 80 puntos; 2. RC Celta B, 79 puntos; 3. Racing de Ferrol, 70 puntos... 9. CD Conxo Santiago, 39 puntos...

Categoría cadete
32ª xornada: CADETE - AROSA SC, o venres 23 de maio ás 18:30 en Abegondo
32ª xornada: SALGUEIRIÑOS CF - SAN TIRSO SD CADETE, o venres 23 de maio ás 18:30 en Agüeiros (Campaño, Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 88 puntos; 2. Cadete, 86 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 63 puntos; 4. SD Compostela, 58 puntos; 5. San Tirso SD Cadete, 56 puntos; 6. Arosa SC, 55 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 51 puntos... 14. Salgueiriños CF, 25 puntos...

Categoría infantil
29ª xornada: UD SANTA MARIÑA - INFANTIL, o domingo 25 de maio ás 12:30 en Cotogrande (Vigo)
29ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 24 de maio ás 12:00 na Madroa (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta (un partido menos), 76 puntos; 2. Infantil, 74 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 61 puntos... 5. Racing de Ferrol, 56 puntos; 6. AJ Lérez, 41 puntos; 7. CD Lugo e San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 9. Atlético Coruña Montañeros CF, 39 puntos; 10. CD Conxo Santiago, 38 puntos... 15. UD Santa Mariña, 18 puntos

Categoría alevín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
12:30: ALEVÍN A - RC CELTA (campo 1)
O vencedor pasa á final mentres que o perdedor pelexará pola medalla de bronce, todo iso ás 17:30

Categoría benjamín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
11:30: BENXAMÍN A - RC CELTA (campo 1)
O vencedor pasa á final mentres que o perdedor pelexará pola medalla de bronce, todo iso ás 16:30

Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
11:30: AD VILA DE CORPUS - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
O vencedor pasa á final mentres que o perdedor pelexará pola medalla de bronce, todo iso ás 16:30