RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Fabril recibe mañá ás 12.00 en Abegondo ao Ribadumia

O Fabril recibe mañá domingo ao Ribadumia coa necesidade de sumar o tres puntos, despois de dous últimos resbalones lonxe da cidade deportiva. O encontro será no horario habitual esta tempada nos partidos en Abegondo: mañá domingo ás 12.00, retransmitido

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a todo o seu persoal, como é habitual nos partidos en casa. Son baixa Marcos Legaz e Blas.
 
O partido do Deportivo ante o Sevilla (hoxe sábado ás 13.00 horas en Riazor) obrigou a modificar o horario de varios partidos da canteira deportivista que xogaron en Abegondo.
 
Así, o partido do Infantil A ante o Calasanz xogouse onte venres, con xusto triunfo deportivista (5-1), resultado que o converte en líder da liga Galega.
 
Ademais, o encontro do Infantil B (18-0) ante o Paiosaco xogouse antes do horario habitual; e atrasouse en media hora o choque do Xuvenil A ante o Areosa, que acabou nun empate (1-1) que soubo a derrota, polas numerosas ocasións desperdiciadas polos branquiazuis.
 
Actuaron como visitantes nesta ocasión: Xuvenil B (2-2) e Cadete A (1-5), ambos en Vilagarcía nun dobre duelo ante o Arousa, marcado polo mal tempo reinante en Galicia.
 
Descansou o Cadete B, posto que o seu rival este fin de semana, o Xuventú de Aguiño, retirouse da competición do grupo 1º da liga Galega.
 
Finalmente, en categoría feminina, o Deportivo Feminino B ten derbi coruñés ante a Torre, mañá domingo ás 16.00 na cidade deportiva de La Torre. O cadro deportivista, décimo cuarto na táboa con 4 puntos, busca a súa primeira vitoria.
 
O calendario de partidos, co resultado de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - RIBADUMIA, o domingo 20 de novembro ás 12.00 en Abegondo
 
Categoría Feminina
 
Primeira División Autonómica: TORRE - DEPORTIVO FEMININO B, o domingo 20 de novembro ás 16.00 en La Torre
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: XUVENIL A 1 (Boedo) - AREOSA 1
 
Liga Nacional: AROUSA 2 - XUVENIL B 2 (Rivera (2))
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: AROUSA 1 - CADETE A 5 (Veiga, Mosquera, Litos e Pichu -2-)
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 5 (Fika, Novoa, Iago, Javi e Chucas) - CALASANZ 1
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 18 (Hugo Baldomar -4-, Trigo -3-, Alex -3-, Quique -3-, Roque -2-, Iván -2- e Dani) - PAIOSACO H. AÑÓN 0
 
Categoría Alevín
 
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: CALASANZ A 1 - ALEVÍN A 2 (Domínguez -2-)
 
Segunda Comarcal A Coruña: CALASANZ C 0 - ALEVÍN B 4 (Adrián, Pablo, Luís e Samuel)
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal A Coruña: BETANZOS 0 - BENJAMIN A 3 (Bruno, Dani e Marcos)
 
Segunda Comarcal A Coruña: BENJAMÍN B 23 (Xabi, Guille -2-, Raúl, Santiago -2-, Anxo -4-, Diegou -4-, Isma, Eder -3-, Nico -3- e Mosquera -2-) - RAIO SADENSE B 0