RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O fabrilista Ben Fisk, titular con Canadá, non puido evitar a derrota ante México no Preolímpico

  A selección de Canadá Sub-23, na que foi titular o fabrilista Ben Fisk, cayó esta pasada madrugada (en España) ante México (2-0) nunha das semifinais do Torneo Preolímpico da Concacaf. Este martes 13 de

O calendario e os resultados da Selección Canadense ata o momento neste torneo foron os seguintes:
 
Xoves 1 de outubro
Estados Unidos 3 - Canadá 1
 
Sábado 3 de outubro
Canadá 3 - Panamá 1
 
Martes 6 de outubro
Canadá 2 - Cuba 2
 
Semifinal
Sábado 10 de outubro
México 2 - Canadá 0
 
Terceiro e cuarto posto
Martes 13 de outubro
Estados Unidos - Canadá, no Rio Tinto Stadium de Salt Lake City
 
Medunjanin non chegou a xogar no Bosnia-Gales de onte á noite
 
Bosnia Herzegovina, co deportivista Haris Medunjanin no banco, venceu (2-0) no Stadium Bilino Polje de Zenica a Gales, en partido clasificatorio para a Eurocopa de Francia 2016.
 
O martes 13 de outubro, a selección bosníaca visita Chipre, ás 21.45 no Stadium GSP de Nicosia.
 
Celso Borges prepárase para outro amigable, este martes en Estados Unidos
 
O martes 13 de outubro, a selección costarriqueña na que é titular Celso Borges medirase a Estados Unidos en New Xersei, no estadio Red Bull Area, á 18.30 hora local. O encontro é amigable.
 
O mediocentro deportivista foi titular con Costa Rica noutro amigable disputado na madrugada do xoves ao venres (en España) ante Sudáfrica en San José. Venceron os africanos (0-1) e o futbolista do Dépor xogou o noventa minutos.
 
Celso Borges tivo unha das ocasións máis claras do seu equipo no minuto 87, pero o seu disparo de falta foise rozando a meta de Sudáfrica.
 
Jonathan Rodríguez e Uruguai reciben a Colombia
 
O martes 13, no Estadio Centenario de Montevideo (20.00 horas), Uruguai, con Jonathan Rodríguez, recibe a Colombia en encontro clasificatorio para Rusia 2018.
 
O dianteiro deportivista Jonathan Rodríguez non chegou a saltar ao terreo de xogo no triunfo da súa selección, Uruguai, en Bolivia (0-2), noutro partido clasificatorio para o Mundial celebrado o pasado xoves.