RCD / NOVAS

O Infantil B dobregou a un Atlético Arteixo efectivo en ataque

28/02/2020 20:29

O Infantil B dobregou (7-3) a un Atlético Arteixo efectivo en ataque. Os arteixanos ían por detrás no marcador 4-0 ao arrincar a segunda metade e foron capaces de meterse no partido e situarse 4-3. Un novo arreón deportivista sentenciou un entretido encontro.

Christian, Íker Gil -2-, Leandro, Memet, Dani e un futbolista rival en propia meta foron os goleadores branquiazuis neste choque correspondente á 24ª xornada no grupo 1º de Primeira Autonómica.

Con este resultado, o Infantil B lidera o grupo con 66 puntos.

Infantil B: Hugo, Pablo, Jorge Rodríguez, Xabi, Dani, Íker Gil, Christian, Erick, Xenxo, Carballo e Memet. Tamén xogaron: Janusz, Lucas e Leandro.

O Victoria CF B será o próximo rival do Infantil B.

Os resultados até a data do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0
SCD Órdenes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noé)
Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noé -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0
Atlético Arteixo 3 - Infantil B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noé, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez)
Infantil B 5 (Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego) - Victoria CF B 0
Atlético San Pedro 2 - Infantil B 4 (Noé, Beade, Memet e Íker Fernández)
Infantil B 7 (Memet, Óscar -3-, Diego, Beade e Íker Gil) - Orillamar SD 0
Infantil B 3 (Memet, Óscar e Carballo) - Sporting Cambre 0
Ural CF B 3 - Infantil B 6 (Noé, Óscar, Íker Gil, Beade -2- e Diego)
Infantil B 9 (Beade -3-, Carballo -2-, Xenxo, Memet -2- e un futbolista rival en propia meta) - CD Calasanz B 0
Santa María del Mar 5 - Infantil B 9 (Beade -3-, Íker Fernández, Íker Gil, Marcos e Óscar -3-)
Infantil B 3 (Íker Gil -2- e Adrián) - San Tirso SD B 1
Atlético Coruña Montañeros CF B 1 - Infantil B 5 (Íker Gil -3-, Marcos e Carballo)
Infantil B 1 (Memet) - Betanzos CF 3
Infantil B 18 (Óscar -6-, Memet, Xenxo -2-, Beade -4-, Íker Gil -2-, Anxo -2- e Carballo) - CD Obrero 0
Imperátor OAR 0 - Infantil B 1 (Memet)
Infantil B 6 (Íker Gil -2-, Xenxo, Carballo, Memet e Jorge Rodríguez) - ADC Obradoiro 0
Oza Juvenil SD 2 - Infantil B 1 (Carballo)
Infantil B 5 (Íker Gil -2-, Xenxo, Christian e un futbolista rival en propia meta) - SDC Órdenes 1
Bergantiños CF B 2 - Infantil B 5 (Íker Gil, Memet -3- e Trillo)
Infantil B 7 (Christian, Íker Gil -2-, Leandro, Memet Dani e un futbolista rival en propia meta) - Atlético Arteixo 3