RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B mantense no alto co seu triunfo ante o Oza Juvenil

O Infantil B mantense no alto da clasificación do grupo 1º de Primeira Autonómica co seu triunfo ante o Oza Juvenil SD (4-0) en Abegondo, en choque correspondente á 4ª xornada ligueira. Os goles branquiazuis foron obra de Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo.

Con este resultado, o Infantil B, no grupo de cabeza, suma 12 puntos de 12 posibles.

Infantil B: Hugo Sánchez, Adrián, Santana, Xabi, Erick, Noe, Carballo, Íker Gil, Memet, Óscar e Héctor Beade. Tamén xogaron: Leandro, Janusz, Xenxo e Anxo.

A próxima fin de semana, o Infantil B visita ao SDC Ordes.

Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0
ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)
Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0