RCD / NOVAS

O Infantil B non dá opcións ao Imperátor OAR

14/09/2019 13:01

O Infantil B dobregou (5-0), en choque ligueiro correspondente á 2ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica, ao Imperátor OAR, con tantos de Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil.

Con este resultado, os branquiazuis suman 6 puntos dos 6 que levan xogados até a data.

Infantil B: Hugo Sánchez, Adrián, Leandro, Jorge, Erick, Xenxo, Noe, David Carballo, Héctor, Memet e Óscar. Tamén xogaron: Guillermo, Xabi, Santana, Marcos e Íker Gil.

O ADC Obradoiro será o seguinte rival do Infantil B nesta competición.

Os resultados do Infantil B foron os seguintes:

CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil)
Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0