RCD / NOVAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino non falla en Valdoviño e sostense na cabeza da Primeira Autonómica

13/11/2022 21:17

O Orzán SD Xuvenil Feminino non fallou na súa visita en Valdoviño á Escuela FB Amistade (2-6), en partido correspondente á 10ª xornada na Primeira Autonómica.

Ivana Fernández, Noe Gómez, Laura Santos -3- e Paula Sánchez foron as goleadoras orzanistas nun partido que se puxo de cara xa aos 6 minutos de xogo.

Con este resultado, o equipo que dirixe César Conde lidera a clasificación con 26 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Sárdoma CF B.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Daniela Agilda, Uxía López, Elena Vázquez, Antía Brage, Iria Otero, Sara Cercido, Laura Santos, Ivana Fernández, Macarena González e Noe Gómez. Tamén xogaron: Martina Rivas, Ana Capelo, Paula Sánchez, Noelia Furelos e Carlota Rubio.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Feminino recibe na Coruña ao CD Lugo.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Noe Gómez -2-, Sara Cercido, Maca González, Laura Santos -2- e Lucía Rodríguez) - SDCyR Narón Freixo 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo, Elena Vázquez e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Ana Capelo e Macarena González) - SD Antas 0
Tomiño FC Feminino 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Elena Vázquez, Daniela Agilda, Lucía Rivas -2-, Emma Gandoy e Macarena González -2-)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Noe Gómez, Laura Santos e Daniela Agilda) - Victoria CF B 0
Escuela FB Amistade 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 6 (Ivana Fernández, Noe Gómez, Laura Santos -3- e Paula Sánchez)