RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O presidente do Real Club Deportivo e 6 conselleiros poñen os seus cargos a disposición do Club

Fernando Vidal Raposo, presidente do Real Club Deportivo, acompañado por Antonio Armenteros, Ricardo González, Federico García, Manuel Vázquez, José Luis Queijeiro e Argimiro Vázquez (este último desde Madrid por motivos de saúde) puxeron a disposición do accionista maioritario do Real Club Deportivo os cargos que ostentan desde o 14 de xaneiro de 2020. O presidente e o seis membros do Consello de Administración fixérono público nunha rolda de prensa telemática que tivo lugar hoxe ás 18:00 h. desde as instalacións deportivas do Club.

O presidente analizou as circunstancias que levaron a esta decisión, póndose a disposición dos novos conselleiros e do accionista maioritario buscando sempre unha transición tranquila e ordenada.