O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Pedro Mosquera
O Real Club Deportivo tomou a decisión de rescindir o contrato que lle vinculaba con Pedro Mosquera até o final da Temporada 2020-2021, feito comunicado ao futbolista este mediodía.
O Dépor quere agradecer moi sinceramente a Pedro o seu traballo e profesionalidade durante a súa etapa defendendo #asnosascores, as do equipo da súa cidade, desexándolle o mellor no seu futuro profesional e persoal.