RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O triunfo do Cadete A abriu o calendario de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA

Xuvenís e cadetes deportivistas, ademais do Infantil B, arrincan a competición ligueira esta fin de semana. Mañá sábado hai tres partidos e o domingo un.

Todos eles únense así ao Fabril, que visita ao CD Arenteiro o domingo 8 de setembro (18:00 horas), en partido correspondente xa á 3ª xornada no grupo 1º de Terceira División.

A xornada empezou hoxe venres co triunfo do Cadete A en Abegondo (4-0) ante o Bertamiráns FC. Foi o primeiro partido do conxunto deportivista na División de Honra, da que é vixente subcampión.

O outro encontro na Cidade Deportiva será o do Xuvenil B, que comeza a liga Nacional o domingo 8 de setembro ás 12.00 ante o Alondras CF (campo 4).

Actúan de visitantes o Xuvenil A (ao Avilés), o Cadete B (ao CD Calasanz B) e o Infantil A (ao CD Obreiro).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
3ª xornada: CD ARENTEIRO - FABRIL, o domingo 8 de agosto ás 18:00 no Municipal Espiñedo do Carballiño

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: REAL AVILÉS - XUVENIL A, o sábado 7 de setembro ás 17:00 no campo de La Toba Hermanos Castro (campo 2)

Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B - ALONDRAS CF, o domingo 8 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: CADETE A 4 (Martín -2- e Hugo Baldomar -2-) - BERTAMIRÁNS FC 0

Liga Galega, grupo 1º, 1ª xornada: CD CALASANZ B - CADETE B, o sábado 7 de setembro ás 12:00 na Leyma (A Coruña)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 1ª xornada: CD OBREIRO - INFANTIL B, o sábado 7 de setembro ás 10:00 no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros)