RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B asómase aos postos altos da Liga Nacional co seu triunfo en Ourense

O Xuvenil B asómase xa aos postos altos da clasificación na Liga Nacional co seu triunfo (0-3) ante o UD Ourense. Co resultado deste encontro correspondente á 11ª xornada, os branquiazuis suman 22 puntos e achéganse á segunda posición.

No campo ourensán de Oira, Nils, Jairo e Nájera foron os goleadores deportivistas, todos eles na segunda metade.

Xuvenil B: Brais, Álex Mellid, Añón, Carracedo, Mauro, Pablo Martínez, Nájera, Urdiales, Do Carmo, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Portas, Nils, Dani Barcia e Ian.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo á SD O Val.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Do Carmo e Noel)
Xuvenil B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - Victoria CF 0
UD Ourense 0 - Xuvenil B 3 (Nájera, Jairo e Nils)