RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B leva #ONOSODERBI en Liga Nacional e lidera en solitario o grupo

O Xuvenil B adxudicouse (1-0) un igualado #ONOSODERBI en Liga Nacional disputado en Abegondo e correspondente á 4ª xornada.

Álvaro Mardones, no minuto 80, deu a vitoria aos branquiazuis, que desta forma, con 12 puntos, lideran en solitario a categoría por diante do CD Calasanz, con 10 puntos; e dos celestes, que quedan con nove na terceira posición.

Xuvenil B: Lemos, Álvaro, Gabri, Rubén, Nico, Carreira, Mardones, Pedro, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Adrián Lombao, Ogando, David e Hugo.

A próxima semana, o Xuvenil B visita ao Racing de Ferrol.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Ural Español CF B 0 - Xuvenil B 1 (Álex Delgado)
Xuvenil B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED Val Miñor B 0
Porriño Industrial CF 1 - Xuvenil B 2 (Kevin -2-)
Xuvenil B 1 (Álvaro Mardones) - RC Celta B 0