RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B tumba a resistencia da SD O Val cunha gran segunda metade

O Xuvenil B tombou a resistencia da SD O Val (5-0) grazas a unha gran segunda metade, na que anotou catro das súas cinco dianas. O choque, adiantado á fin de semana, corresponde á 12ª xornada no subgrupo A da Liga Nacional.

Mario puxo por diante ao conxunto que dirixe Alejandro Antón e Aldo Duscher á media hora de xogo. Tralo paso polos vestiarios, chegaron os mellores momentos do Xuvenil B e os tantos de Álex González, Seydiba -2- e Marcelo.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 33 puntos como líder destacado do subgrupo A.

Xuvenil B: Lemos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Seydiba, Mario, Rubén, Marcelo, Roque, Hugo Baldomar, Lombao e Álex González. Tamén xogaron: Martín Montero, Carlos Iglesias, Nico e Mato.

A próxima cita ligueira será o martes 16 de febreiro, festividade de entroido, ás 12.00 en Abegondo fronte ao Racing Villalbés, en partido da 10ª xornada que foi aprazado no seu día por un caso de COVID-19 no conxunto lucense.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B 5 (Diego Gómez, Nacho, Trigo, Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - EF Lalín 0
SD O Val 1 - Xuvenil B 3 (Rubén e Martín Ochoa -2-)
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)
Xuvenil B 2 (Álex González e Diego Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Xuvenil B 3 (Canales, Diego Gómez e Martín Ochoa) - Victoria CF 0
SD Compostela 1 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Quique Teijo)
Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Hugo Baldomar) - Arosa SC 0
Xuvenil B - Racing Villalbés, o martes 16 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
EF Lalín 0 - Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Carlos Rodríguez)
Xuvenil B 5 (Mario, Seydiba -2-, Álex González e Marcelo) - SD O Val 0